Saturday, May 25, 2013

Os fluxos da droga en Galicia

Fluxos da droga en Galicia

Froito da miña investigación e do meu traballo de campo, hoxe publico a que será a conclusión da miña pequena experiencia dentro do narcotráfico en Galicia.
Falando con xente, indagando na rede e relacionando todas as fontes, conseguín elaborar esta imaxe que recolle con máis ou menos precisión o que hoxe vos vou contar.
Como podedes ver os fluxos da droga dentro e fóra da comunidade son numerosos. Curioso resulta tamén dicir que o Eixe Atlántico concentra a maior parte destas correntes, sobre todo as internas, unhas correntes que emerxen nas zonas costeiras. Zonas xa citadas en anteriores artigos como poden ser as Rías Baixas; Vilagarcía, Ribeira ou Vigo; ou ben A Coruña. 
Dende a costa de Galicia o tráfico de drogas extende as súas redes cara o exterior. Sendo A Coruña e a Ría de Arousa o supermercado da droga do norte de España, Chegando a Asturias e o País Vasco principalmente. Ao mesmo tempo os fluxos de comercio de estupefacientes alongan as súas redes cara o resto de España dende os portos de Vilagarcía e Vigo principalmente. Polo que a miña investigación deduciu, Galicia deixou de ser un dos principais puntos de entrada de droga en Europa e España. Malia a seguir sendo un punto forte e relevante, foi cedendo importancia en favor de cidades como Rotterdam, Valencia ou Barcelona.
De calquera xeito, volvendo á nosa terra, e referíndonos aos fluxos internos, os cales os podedes relacionar coa anterior entrada sobre o narcotráfico e os poboados xitanos [ Poboados Xitanos e Droga ], obsérvase como dentro da nosa comunidade os fluxos enlazan as cidades atlánticas e as comarcas costeiras co Eixe Atlántico na súa vertente interior, Santiago ou Carballo; e logo se desprazan cara as cidades e vilas do interior como poden ser Lugo, Ourense, Monforte de Lemos ou Lalín.
Pois ben, a modo de resumo principal, observamos que os fluxos da droga en Galicia percorren a costa e desprázanse cara o interior e o resto do país ou mesmo Europa. Unindo así as vilas e principais cidades portuarias do país co resto de grandes localidades galegas, españolas e mesmo cidades do vello continente.
Unha das frases que máis me gustou dentro do traballo de investigación refírese a Galicia coma un país de contrabando endémico, dende o extraperlo da posguerra ata o actual narcotráfico.
Sinto ser algo curto nas miñas conclusións, prometo en vindeiras entradas poñervos máis información encima da mesa de debate.
De calquera xeito, credes que este mapa de fluxos se adapta á realidade que vivimos en Galicia??

No outro blogue de Droga en Galicia engadín un vídeo que vos recomendo volver a ver para entender á perfección do que trata este escuro negocio en Galicia:


As miñas fontes:


3 comments:

  1. Penso que deberíades facer un programa de televisión tipo Samantha Villar con 21 dias. jajajajaja Seguide así

    ReplyDelete
  2. En relación al tema de vender, en la mayoría de los casos que conozco, la misma persona suele ser consumidora, lo que en situaciones extremas de consumo le puede llevar a la ruina, ya que consume el material en lugar de venderlo, por lo que termina endeudándose y muy enganchado.

    ReplyDelete
  3. Com potser que en una societat tan amb tanta informació i comunicació la gent encara consumeixi drogues? Si fóssim ignorants encara es podria entendre, però no, ho tenim tot al nostre abast i encara així caiem en el vici. Amb això tan sols alimentem la riquesa de quatre aprofitats. No es normal que cada cop gent més jove en consumeixin. La qüestió és, com ho parem? Quina és la gran solució? Per desgràcia busquem la solució que busquem, mai serà suficient, la quantitat de diners que se’n treu és la raó per la qual això mai s’acabarà.

    ReplyDelete