Thursday, March 21, 2013

Reseña crítica: Un ideario de cidade xardín policéntrica ubicada nun grande xardín

Xardíns da Torre do Menagem (Chaves)
"Un ideario de cidade en rede policéntrica ubicada nun grande xardín". O caso da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, por Carlos Ferrás Sexto (Universidade de Santiago de Compostela).

Neste artigo da Revista Euro Rexionais o autor pretende transmitirnos como sería esta rexión do noroeste da península Ibérica se lle aplicáramos o concepto de urbanismo da Garden City ou Cidade-Xardín.
A grandes trazos, o proxecto sería de gran beneficio para o conxunto do territorio da antiga Gallaecia. Unha rede de cidades ananas, pequenas, medias e grandes interconectadas entre si, sen diferenzas culturais sobresalientes e o onde o dinamismo económico sexa semellante. Asentamentos onde o medioambiente e a protección dos recursos naturais sexa obrigación e non dereito.
As cidades como un espazo verde e en equilibrio co medio. O movemento urbanístico das cidades xardín foi fundado por Sir Ebenezer Howard. Os seus conceptos sociolóxicos e urbanísticos contéñense no libro titulado «Ciudades Jardín del mañana», cuxa versión corrixida e completa apareceu en 1902. Polo cal, tivemos xa máis dun século para experimentar as ventaxas deste modelo.
Evidentemente, axiña asoma a fórmula para conter a sangría demográfica entre o interior da Eurorrexión e o Eixo Atlántico; cidades que interactúan entre elas, vilas que se volven autosuficientes ao deixar de depender de centros urbanos de maior entidade, pequenas aldeas substentables que fixan poboación nova... A que visto así, semella unha maneira de facer urbanismo idónea para Galicia e o Norte de Portugal? Rexións que, para maior hándicap, sempre tiveron un marcado carácter rural e un forte compoñente ambiental nas súas culturas.
Hoxe en día observamos nas nosas cidades pequenos barrios onde este concepto británico foi levado a cabo, pero quedou aí, sectorizado dentro das urbes de asfalto e formigón. Afirma Carlos Ferrás que a superación do espazo e a formación dunha Cidade Xardín que se estenda por todo o territorio da Eurorrexión poderá permitir que "Comarcas illadas e periféricas e os espacios rurais poderían perder a súa condición de espacios marxinais". Esta afirmación permítenos entender que quizais o concepto central do artigo sexa a chave para solucionar un dos problemas endémicos da Galicia contemporánea.
Se ben a idea ratificada semella moi correcta, e mesmo se aportan exemplos de creación de emprego en áreas marxinais e superación das distancias e do espazo. Pero polo de agora non deixan de ser casos residuais nunha Galicia cada vez máis polarizada.
Para chegar a este ideal ambiental queda moito traballo por facer, pero está ben abrir un debate que nos permita abrir unha vía de escape á Galicia que lle estamos a deixar aos nosos descendentes, unha rexión diferente, cun territorio onde nacer na comarca da Terra de Caldelas signifique ter as mesmas posibilidades e oportunidades que un neno que nace nun medio urbano.
Porque non creamos unha rexión europea que abarque dende Escocia ao Norte de Portugal coas características dunha Cidade - Xardín. Onde o emprego verde sexa unha prioridade, onde a economía se dobregue ante o medioambiente e non ao revés.
A sociedade galega foi durante séculos sinónimo de atraso e emigración, foron moitos os autores que reflexaron este drama, e mesmo propuxeron as solucións para que o remedio ficase connosco para sempre e puxese fin dunha vez por todas ao atraso económico que tamén compartimos co rural portugués. 
Xosé Manuel Beiras Torrado recollía no seu libro " O Atraso Económico de Galicia " (1.972) as bases e principios para crear unha Galicia potente e con vistas contemporáneas. Dicía pois que, unha reforma agraria e pesqueira, o fomento industrial da man do agro e do mar, unhas vías de comunicación óptimas, unha reforma administrativa e unha política comercial exterior potente serían as clases para que Galicia puidese ser competitiva e medioambiental ao mesmo tempo.
Se ben hoxe en día que temos? Unicamente unhas vías de comunicación para escaso tráfico, polo resto, digamos que fracasou todo tipo de propostas emerxentes durante o século XX. A reforma agraria non rematou con minifundismo, a pesca sofre dos latigazos de Europa unha e outra vez, a industria vinculada aos recursos potenciais da rexión é feble e pouco orientada ao mercado exterior...

Digamos que a Galicia da utopía económica dinámica e medioambiental fracasou. É hora de poñernos mans á obra e botar a andar as ideas que nos propón o noso autor, Ferrás Sexto, e facer da rexión galega e do Norte de Portugal un referente económico e natural como poden ser os países escandinavos e do Norte de Europa.
Ben é certo logo que hoxe en día é escusado falar de artigos de baixa ou dubidosa calidade, porque a longo ou curto prazo serán esquecidos, analicemos pois con detemento artigos que defendan o futuro como o fai este ideario de Ferrás Sexto.
O mesmo autor faise unha pregunta no texto que sería interesante darlle resposta. Sería posible un desenvolvemento rural desvinculado das labores do campo?. Unha resposta clara abogaría pola conciliación dos dous modelos, o agro dentro do campo e os servizos e a industria no campo; convivindo conxuntamente. Se nos propoñemos un continuo rural - urbano vencellado á natureza porque non facemos que se poidan mezclar valores dos dous ámbitos? Porque non fomentar cada vez máis as hortas urbanas e crear postos de traballo na cidade, e porque non levar a industria e os servizos que na medida do posible non precisen do ámbito urbano para sobrevivir?

Ao fin e ao cabo, calquera decisión en canto a urbanismo e progreso que se tome hoxe en día debería ter en conta de que sen natureza non somos nada, e que os nosos devanceiros máis antergos viviron en simbiose co monte e co campo ata a chegada da Revolución Industrial.

As miñas fontes consultadas son:

1. "O Atraso Económico de Galicia". Xosé Manuel Beiras Torrado. Galaxia 1.972. V. Unha solución liberal, a economía da Ilustración galega.
2. Definición de Cidade Xardín (En Español) ARQHYS. Arquitectura.( Enlace ao artigo )

Wednesday, March 20, 2013

Brasileiros en Compostela: Fernando Ferreira do Nascimento


En breves publicaremos a primeira entrevista do noso blogue sobre a nosa investigación de brasileiros en compostela.
Desta volta, e para dar comezo cos primeiros resultados da nosa pesquisa, queremos amosarvos a entrevista cun estudante brasileiro que estivo en Santiago de Compostela e como foi o seu paso pola cidade.
Fernando Ferreira do Nascimento é un estudante do Brasil que veu a Galicia dende febreiro de 2011 a xullo dese mesmo ano para cursar estudos relacionados coas Ciencias Sociais.

No seguinte enlace engadímosvos un resumo do seu paso por Santiago, e nesta semana esperamos ter a punto a entrevista a fondo.


Un saúdo!

Documentário - "Encontro com Milton Santos - O mundo global visto do lado de cá"

No documentário “Encontro com Milton Santos – O mundo global visto do lado de cá”, é feito um recorte singular sobre a globalização, a sociedade de consumo, as divisões que esta sociedade se encontra, o território, os efeitos da globalização, as crises que esta promove, as barreiras físicas e simbólicas postas pelo capitalismo como efeito da globalização, o papel da mídia e as revanches organizadas por suas maiores vítimas.
No decorrer do documentário é apresentada uma série de acontecimentos no mundo inteiro que focam a atenção nas causas que esta sociedade capitalista centraliza, a fim de obter benefícios próprios em detrimento da desorganização do território, da apropriação de bens comuns e do uso privado de riquezas mundiais por parte de uma minoria.


Saturday, March 16, 2013

Innovación e Ideología

     Monumento a Juan Díaz Porlier, obra del escultor
 coruñés Francisco Escudero, en la Plaza de España de A Coruña


Bajo este epígrafe pretendo realizar, a partir de este momento, algunas entradas que reflexionen sobre el espacio urbano como lugar dinámico, promotor del desarrollo cultural, económico o político. No debemos obviar que los procesos innovadores se encuentran, por otra parte, muy ligados a las ideologías, y éstas, a su vez, condicionan su evolución. Desde esta dualidad innovación-ideología me acercaré al espacio urbano de Galicia, focalizando mi atención en la ciudad de A Coruña como paradigma de ciudad dinámica e innovadora en la Galicia Contemporánea. Me centraré en el siglo XIX y su vinculación al liberalismo y, ya en el XX, en su activismo republicano.

Thursday, March 14, 2013

Relacións estudantís Brasil - Santiago de Compostela



Iniciamos unha nova andaina dentro deste blog, espazo xeográfico, para dar cabeza a unha investigación de carácter socioeconómico. Esta indagación terá un carácter aberto e innovador.
Imos levar a cabo unha investigación para coñecer as relacións sociais e económicas que se establecen entre a comunidade de estudantes do Brasil e a cidade de Santiago de Compostela. 
O noso medio de conexión serán aqueles estudantes brasileiros que cursen estudos na capital galega. O obxectivo do noso estudo é amosarlle aos nosos lectores e a todas aqueles posibles sectores interesados as curiosidades e oportunidades que pode ofrecer o establecemento de relacións cun dos países emerxentes máis importantes do actual contexto económico mundial.
Que nos deparará esta investigación? En poucos días comezarán a aflorar os primeiros resultados. Séguenos!