Tuesday, May 14, 2013

Entrevista con estudantes brasileiros en Santiago de Compostela



Para rematar as clases de Sistemas Urbanos, este venres pasado tivemos a oportunidade, grazas ao noso compañeiro Washington, de poñer en contacto a cultura galega coa percepción dos estudantes brasileiros na cidade de Compostela.
Mediante a técnica do focus group estivemos durante máis de 2 horas empapándonos das vivencias dos alumnos brasileiros entorno a cuestións coma o noso sistema urbano, a nosa cultura e outros temas que hei de ir desenvolvendo a continuación.
Contamos coa presenza de catro alumnos do país americano; estudantes de dereito, xeografía, traballo social e química. Coa súa experiencia actual na cidade de Santiago fomos sacando unhas conclusións que vos faremos chegar para invitarvos a reflexionar sobre a percepción que existe da idiosincrasia galega.
Santiago de Compostela é singular, bonita e limpa. Así nola describen os alumnos brasileiros, sendo en xeral unha cidade distinta das súas de orixe; destacando a gran presenza de zonas verdes e parques.
En relación aos temas que lles fun desenvolvendo eu, determinando a miña entrevista cara cuestións sobre a cultura galega, a percepción dos asentamentos, as cidades galegas e a gastronomía. Por outra banda, tiven tamén a oportunidade de saber que opinan do sistema universitario de Galicia.

A maioría dos entrevistados visitaron cidades galegas como Lugo, A Coruña ou Vigo; e destinos turísticos relevantes como Fisterra. En referente ás cidades galegas, achégannos a mesma opinión, cidades pequenas, limpas e bonitas. Malia isto afirman que non viaxan moito pola xeografía galega.
Tiven a oportunidade de interrogalos sobre o seu parecer do que era o rural galego; salvo unha rapaza que tiña contacto con A Estrada o resto descoñecían por completo esta área. Como empezamos a vislumbrar a maioría dos rapaces teñen os intereses postos fóra de Galicia .. Pero cara onde? Resulta curioso o seu interese por coñecer Europa e o resto de España antes incluso de coñecer o lugar onde residen.
Esta aparente desconexión figura no seu baixo interese pola cultura e as manifestacións culturais; afirmando que a maioría dos Erasmus teñen pouco interese en coñecer a cultura galega. E isto porque ocorre?
Segundo eles, a oferta cultural galega é baixa, pode que sexa froito do seu propio descoñecemento e desinterese... Non podería asegurarvolo.
En canto á lingua galega, dicir que non lles supón un problema, mais prefiren practicar español. Anecdótico resultou a confesión dunha rapaza que cando falou da nosa lingua no seu país a confundiron co idioma galés, no Reino Unido. Apostan tamén pola creación de máis clases de galego ou cursos básicos de inmersión. Non observan no seu país a mesma afinidade lingüística que nós manifestamos moitas veces. 
A súa inmersión na gastronomía galega moitas veces dilúese coa española, misturando tortilla con marisco e paella. Din que gustan moito o marisco, con excepcións claro está. 
Paso por paso, para a rapaza que estudaba Química, afirmaba que o nivel é parecido ao do Brasil, malia distinguía que no Brasil teñen máis prácticas en empresas.
A estudante de Traballo Social ratificaba que existía máis calidade no ensino en Santiago que no seu país de orixe, cunha mellor estrutura; mais que quizais nos perdemos un pouco pola parte teórica. 
Para o rapaz de dereito, a súa carreira no Brasil e en Galicia son similares, cunha metodoloxía semellante, aínda que destaca que en Santiago temos unha facultade só para o dereito, cousa que na súa Universidade non ocorre.
A conclusión que sacamos en limpo é que o sistema de Graos quítalle moito tempo ao estudantado; que con tantos traballos non dispoñen de tempo para desenvolver actividades paralelas como a investigación, as visitas a empresas. Destacan tamén que non hai integración apenas entre o alumnado e o profesor.
Resaltan tamén a falta de interese do alumnado por Congresos e publicación de traballos, ámbito no que podemos implicar á Universidade tamén. 
Pois ben, logo desta breve presentación, non me vou extender moito máis, achégovos as conclusións da miña parte de entrevistas:

- Desconexión entre o estudantado de Erasmus e o sistema cultural galego.
- Falta de interese moitas veces de ambos bandos por achegarse.
- Unha Universidade que mostra nos aposta pola integración do estudantado estranxeiro na sociedade.
- Existencia de algunhas lagoas sobre o que é a nosa cultura de cara o ámbito internacional.
- Fracaso do sistema de graos e do Plan Boloña

As miñas conclusións resúmense en cinco principalmente, pero, vós opinades o mesmo? Credes que existen diferenzas insalvables entre os Erasmus e a poboación galega? Que opinión vos esperta a súa concepción do sistema universitario galego? Credes que a cultura galega se vende mal ao redor do mundo? Compartides o seu parecer de que a Universidade de Santiago os esquece un pouco e non aposta por integralos?


Boa tarde!


3 comments:

  1. E porque non apostamos por un sistema de intercambio eficaz e que non se limite a borracheiras e festas??? Ti que dis?

    ReplyDelete
  2. Sinceramente...considero que antes de decidir levar a fin un Erasmos deberian informarse sobre o sitio no que van residir e todas as posibilidades que teñen dentro deste para coñecelo seu destino. Obviamente veñen estudar si, perp Galicia ten moito que aportar a nivel cultural.
    En referencia a universidade,totalmente dacordo con que deberia haber mais practicas e menos traballos...

    ReplyDelete
  3. Sinceramente...considero que antes de decidir levar a fin un Erasmos deberian informarse sobre o sitio no que van residir e todas as posibilidades que teñen dentro deste para coñecelo seu destino. Obviamente veñen estudar si, pero Galicia ten moito que aportar a nivel cultural.
    En referencia a universidade,totalmente dacordo con que deberia haber mais practicas e menos traballos...

    ReplyDelete