Sunday, April 7, 2013

Reseña Critica: Construyendo un jardín. En torno a la utopía geográfica en Galicia


 ¿Cuál es el modelo territorial de desarrollo más adecuado para Galicia? ¿Qué impacto tendría en el ámbito urbano/rural de Galicia? En esta reseña crítica pretendemos analizar una propuesta del profesor Carlos Ferrás.

Ir a la Reseña Crítica

1 comment:

  1. O redor da pregunta, “¿cuál es la forma más idónea de organizarnos en el espacio?”, xorden outras…
    acaso é posible propor unha forma de organizarnos ex novo?, como se produce o “espazo”?, por que xorde a preocupación sobre a organización ou desorganización do espazo?, cal é a orixe desta inquedanza sobre o territorio?

    Penso que se produce a dita preocupación cando, o coñecemento da historia dun pobo se estuda, aprende, comprende de forma desvinculada do coñecemento do seu espazo. Esta desvinculación aínda vese reforzada pola linealidade no tempo asociada ao relato da historia dos pobos, cousa que dificulta o coñecemento do espazo, do territorio, da terra dese pobo.
    No espazo é posible a xustaposición e non tanto a linealidade. A lectura no espazo dalle posibilidade ao estudo da historia dunha comunidade na súa complexidade, na lectura das formas da terra, no coñecemento do proceso da construción dese territorio, da construción das súas formas.
    Da a sensación de que o impacto dos novos xeitos de urbanización provocan unha fenda, e que hai que buscar fórmulas que nos permitan recuperar algo que sentimos que esquecinmos e que botamos en falta, algo que presentimos que temos perdido e consideramos necesario…isto é .. ter algo que ver coa terra que ocupamos, recoñecernos nela, buscarlle sentido ao que sentimos.

    Quen foi de introducir esta total desorientación, esta perda total do camiño?
    Os feitos urbanos preséntanse tan rotundos e protagonistas que xa cremos recoñecer neles a posible referencia para resolver esta inquedanza.
    Quen é o responsable de que isto ocorra e por que ocorre?, por que esta circunstancia de que o feito urbano sexa quen de dirixir o camiño de darlle sentido ao espazo para ofrecerllo elaborado ao seu pobo?

    A lectura do espazo, a lectura da terra e das súas formas ten a resposta…isto é, a resposta está no coñecemento integrado da historia e das transformacións do espazo na historia.

    Como volver a vincular ao pobo co seu espazo, non cun espazo imposto, senón cun espazo querido.
    Os axentes que transforman o territorio xa non son os mesmos e teñen cada vez menos que ver cos seus ocupantes presentando alteracións uniformes sexa cal sexa o punto do planeta onde esteamos, e sobre todo, orientan e impoñen estas transformacións sen consultar ou dar opción a outras alternativas.

    A complexidade da nosa historia como pobo ten que ver coa complexidade e riqueza dun extenso territorio cheo de matices e vinculado aos grupos humanos descendentes dos que lle deron formas, as formas primixenias que se manteñen ata hoxe.
    Os instrumentos para o coñecemento da terra na súa complexidade desbotáronse, acaso haxa vontades que entenden que non é bo que un pobo se recoñeza no seu territorio; quizais este camiño mal entendido tivo que ver en grandes desastres (ideoloxías nacional imperialistas que deron mal uso a esta aspiración dos pobos de recoñecerse no seu territorio e que derivaron en xenofobia), e isto preocupa é á vez aproveitase como escusa.
    A alternativa que algúns propoñen é entender que estamos nun momento de crear un “novo territorio”ou no mellor dos casos “unha nova lectura dun vello/belo territorio” por que todo o que non é cidade é un baldío caótico e… hai que crear unha nova organización obrigada que se contrapoña/complete ao feito urbano e á vez lle dea sentido como referente.
    Outras propostas dan en traballar no reequilibrio territorial, programas económicos que polo menos impidan a desaparición da poboación rural partindo do entendemento de que en contra do territorio e do seu pobo veñen traballando dende hai tempo unhas artificiais delimitacións administrativas…

    ReplyDelete