Tuesday, April 23, 2013

Rodolfo Núñez de las Cuevas

Rodolfo Núñez de las Cuevas
Este pasado venres adicamos parte da clase de Xeografía dos Sistemas Urbanos a escoitar unha entrevista feita ao xeógrafo de orixe galego Rodolfo Núñez de las Cuevas. No seguinte vídeo podedes ver a entrevista íntegra.


Pois ben, unha vez visionado o vídeo, procederemos a espir un pouco a personalidade deste persoeiro, sacar conclusións sobre a súa vida, a importancia para a xeografía da súa carreira e luces e sombras que puidera haber no seu saber facer.
Nado na cidade de Málaga no ano 1.924, é dicir ten actualmente 88 anos, este enxeñeiro e xeógrafo do franquismo e da transición pasou a súa infancia dacabalo de Vilardevós en Ourense, aldea natal do seu pai e as cidades de Ourense, Madrid e A Coruña.
Actualmente ten unha casa en Vilardevós, onde aínda pasa moito do seu tempo. Graduado na Academia Xeral Militar de Zaragoza como tenente de enxeñeiros, este persoeiro marcou o devir da xeografía española e da cartografía nas épocas máis duras do franquismo. Foi director do Instituto Xeográfico Nacional entre 1.974 e 1.980 e dende 2008 é presidente da Xunta Consultiva do Parque do Invernadoiro, en Vilariño de Conso, unha zona que segundo el di está libre da codicia humana pero é moi descoñecido.
No ano 2009 doa a súa colección de 3.500 libros, atlas e mapas á Biblioteca Nacional de Galicia.
A súa labor na xeografía española pasou por modernizar a cartografía do país, moi anticuada, facendo parada en Washington durante 9 anos, ata 1.963.
Adiantado á época que lle tocou vivir, logra financiación do país americano para intentar modernizar a cartografía española; pois a que tiñamos era de mala calidade e estaba en deplorables condicións. O proceso de modernización, coas súas novas técnicas é longo e cheo de críticas. O IGN logra unha gran cantidade de financiamento grazas ao xeógrafo de Vilardevós e aos intereses dos EEUU en España. 
Colabora e traballa na elaboración do Cuarto Plan de Desenrolo da política de Franco, pero este non se remata levando a cabo.
Alén disto, resulta unha persoa de gran valor na transición, pois el convence aos alemáns para que sigan colaborando coa ciencia española nos difíciles momentos da transición. 
Como estamos a ver Rodolfo Núñez de las Cuevas resulta ser un personaxe relevante dentro da xeografía e da cartografía española. Nuns momentos de duro control de fronteiras e autarquismo como foron as primeiras décadas da ditadura de Franco, el desafía todos os cánons establecidos e marcha a Estados Unidos para traer innovacións para a anticuada forma que tiña a xeografía do noso país. Representa un claro exemplo de que a mobilidade e o exilio de moitos españois foi positivo a longo prazo.
Estas novas relacións que chega a establecer Núñez supoñen un novo paradigma para a xeografía española, pois despois do apoio español a Alemaña na II Guerra Mundial, o noso país quedou illado e fóra das axudas do Plan Marshall.
Debido á Guerra Fría e á posición estratéxica de España, Estados Unidos volveuse a interesar por renovar as relacións. Esta alianza militar afianzouse no Pacto de Madrid de 1953 e en 1955 España entrou nas Nacións Unidas, ademais, o presidente estadounidense Eisenhower visitou España en 1959 para afianzar as relacións. Algunhas das bases militares estadounidenses en territorio español foron as bases de Rota, Morón e Torrexón de Ardoz, esta última, cedida ao goberno español en 1988.
Se ben as luces deste persoeiro tan importante para a ciencia xeográfica do país son numerosas, tamén existen sombras que poden condicionar o seu ascenso social. Trátase dunha persoa moi vinculada ao sector militar español do franquismo, polo cal, queda máis que patente que os privilexios da súa persoa estaban moi por riba dos do resto da poboación. Incrementando como non, as súas posibilidades de éxito. Acaso os privilexios da igrexa católica e do exército na ditadura non eran superiores?
Ben certo é que podemos dicir que pode ter outro tipo de mentalidade diferente a este rancio poder establecido casando cunha estranxeira, pero iso non quita que non soupese aproveitar as posibilidades que lle ofreceu o status que posuía. 
Sexa como sexa, Rodolfo Núñez foi durante o seu período de máximo apoxeo científico unha das personalidades de orixe galega que máis repercutiu no devir das ciencias sociais do país. Agora ben, se tan relevante foi a súa personalidade; porque motivo os estudantes de xeografía de hoxe en día, entre os que me incluo eu, descoñecemos a realidade dun home tan importante xeograficamente falando?
A miña opinión é clara, temos un problema dentro da xeografía española, e ese problema pasa polo total e absoluto descoñecemento das personalidades da xeografía do país dos nosos estudantes. Como imos saber facer xeografía se descoñecemos a existencia destes científicos? Aquel que non sabe a súa historia non creo eu que poida desenvolverse ao 100% dentro do seu terreo. 
Deberíase potenciar o coñecemento de xeógrafos e cartógrafos coma Rodolfo Núñez para que nos dean a coñecer a historia que envolve á xeografía aos estudantes de hoxe. Aproveitar que aínda vive, compartir os seus logros e desenvolver a súa oratoria dentro das aulas actuais potenciaría a creación dun espazo óptimo para que xurdan novas personalidades coma el dentro da sociedade actual.
Crear un entorno de intercambio de coñecementos entre xeracións novas e non tan novas para ser competitivos e saírnos da maxistralidade das aulas universitarias do Estado español. Moitas veces aprendemos máis dos nosos maiores que dos libros e dos montóns de apuntes que nos asoballan nas épocas de exames.
Non é unha esaxeración afirmar que con cada persoa maior que morre desaparece unha parte da nosa Historia.

As miñas fontes proceden de:




5 comments:

  1. Moi interesante reflexión Martiño!

    Non atopaches referencia académicas? Observo que solmentes cita un wiki e un xornal.

    ReplyDelete
  2. Como xa che comentara en clase, foi o que atopei de interese, agora ben, púxenme en contacto con diversos organismos e partidos políticos de Vilardevós e estou á espera de contestación.

    Martiño

    ReplyDelete
  3. Na miña opinión, a xeografía ten neste señor un importante referente, persoalmente gustaríame saber algo máis sobre a relación deste home con Galicia.

    ReplyDelete
  4. El mapa es un gran colector de información en la sociedad actual, para casi todas las actividades, es imprescindible una buena cartografía. Aunque ahora se reconoce el valor de los mapas, durante muchos siglos, solo algunas mentes preclaras, intuyeron su verdadero valor. El artículo realiza, un recorrido sobre el significado del mapa, en diferentes aspectos de la evolución de la cartografía oficial de los Estados y la importancia en la dimensión sociopolítica del poder, hasta llegar al momento actual, en donde, las nuevas técnicas de representación cartográfica, ofrecen la posibilidad de formar nuevos mapas, revisar cartografía obsoleta y ayudar a mejorar el conocimiento del territorio.

    ReplyDelete
  5. Washington Paulo GomesMay 27, 2013 at 12:21 PM

    Rodolfo Nuñes foi um importante nome para o desenvolvimento da cartografia espanhola. Assim como salientado por Martiño, se formou em engenheiro geógrafo e se tornou grande especialista nos estudos da evolução dos sistemas de representação cartográfica e geográfica, além de ter como fundamental importância à preocupação em “saber” e o “ensinar”.
    Nuñes buscou aperfeiçoar suas técnicas nos Estados Unidos em um momento em que segundo ele “a cartografia espanhola era realmente lamentável” e de péssima qualidade. Desta forma, ocupou cargos importantes principalmente o de Diretor geral do “Instituto Geográfico Nacional” no ano de 1974, além de Presidente do “Comité de Expertos en Cartografía, Estadística y Terminología del Consejo de Europa” em 1983.
    Para Nuñes não existe desenvolvimento econômico sem a cartografia, bem como ressalta no vídeo que “toda a cartografia é fundamental para que haja um desenvolvimento econômico adequado”.
    Fazendo uma simples comparação com o Brasil, infelizmente no contexto histórico de nossa geografia não tivemos um grande nome que representasse a cartografia geográfica em nosso país. Tendo sofrido grande influência do desenvolvimento cartográfico europeu (em especial Português) e também dos Estados Unidos com a ajuda na compra de equipamentos e documentação, que por motivos estratégicos após II Guerra Mundial.
    Neste sentido, estou de acordo com Martiño em que nós estudantes de geografia, sendo o começo de uma nova geração do século XXI, temos que levar em consideração todos os estudos feitos anteriormente e escutar com atenção todos os relatos dos importantes nomes da geografia, assim como Nuñes, com o intuito de obter esse conhecimento produzido nas décadas passadas para conseguirmos avançar além do ponto de vista teórico e pratico, mais sim, de vivencia dentro do âmbito geográfico.

    Washington

    ReplyDelete