Tuesday, April 23, 2013

A droga na cidade da Coruña

Mapa de venta de droga na Coruña en 2011

Hoxe abrimos unha nova entrada no noso debate sobre narcotráfico para introducirnos nunha cidade galega e observar os puntos de venta de droga. 
Neste caso, aproveitando un estudo de La Voz de Galicia publicado no xornal en novembro de 2011, poderemos darnos conta da gran cantidade de supermercados da droga que hai nunha cidade tan pequena como é A Coruña. 
Neste caso distinguimos no mapa, ampliando a imaxe, ata 42 puntos de venda de diferentes substancias estupefacientes. Resulta curioso como desta volta a venda ao por menor chega a todos os barrios practicamente, non se limita tan só a áreas marxinais.
A droga que máis puntos concentra é o haxíx, que reúne ata 17 puntos diferentes ao longo da cidade herculina. A cocaína figura con 11 puntos de venda, moi repartidos tamén. Heroína e Éxtase completan o noso abano de droga na Coruña. Afirman o xornal que a heroína é a droga máis marxinal, alén que letal, 
Resulta curioso ler como existen "camellos" que comezan a servir aos seus clientes a domicilio; estratexias comerciais e de márketing señoras e señores, cara onde derivará isto? 
Sexa como sexa e xurdindo mapas coma estes dende o meu punto de vista queda máis que patente que hoxe en día é máis sinxelo comprar narcóticos que conseguir unha entrada para o teatro... Equivócome?
Que se debe facer ante esta escalada? 
E se vos fixades un pouco máis nos artigos laterais poderedes ver que comeza un novo proceso de aclimatación dos antigos vendedores do reducto chabolista de Penamoa, que desmantelado o poblado, derivan as súas actividades cara outros barrios da cidade.

3 comments:

  1. Moi bo o mapa. Parece que os LVDG traballan e todo...

    ReplyDelete
  2. Moi interesante. Pero a xeografía do narcotráfico en Galicia está por facer!.
    Martiño, xorde a interrogante de cal é a lóxica espacial da distribución da droga na cidade da Coruña. Por qué neses lugares e non noutros?

    ReplyDelete
  3. Para cando unha reportaxe dentro dun poboado Martiño? jaajaj

    ReplyDelete