Thursday, April 11, 2013

As orixes das drogas de deseño



Para continuar o blogue de Recursos Mariños co tema das drogas, decidín seguir a diante coa nosa investigación e achegar máis datos acerca deste mundo tan descoñecido para a maioría da sociedade. Se queredes máis información sobre a nosa investigación visitade o blogue Droga en Galicia.
Hoxe acercarémonos ás orixes das drogas de deseño...

Co termo drogas de deseño desígnase a un conxunto de sustancias sintetizadas por químicos en certos laboratorios de forma clandestina, co propósito de producir, mediante variacións na estrutura química, efectos similares ou máis potentes que os das drogas clásicas. Obviamente para a súa fabricación xa non se parte do produto natural da planta, como no caso da cocaína (folla da coca) ou da heroína (opio), senón que a orixe son grupos farmacolóxicos de síntese artificial, mediante o emprego de reactivos químicos, que por regra xeral existen no comercio legal.

As primeiras noticias sobre a produción e tráfico deste tipo de drogas, remóntanse á década dos anos sesenta, en Estados Unidos, cando se descubriu a existencia e consumo das mesmas.

Principais tipos de drogas de deseño

Tipos:
1. Metilendoximetanfetamina (MDMA)
2. Metanfetamina (MDA)
3. Dietilamina del acido lisérgico (LSD)
4. Amida de acido d-lisérgico
5. Gammahidroxibutirato
6. 2,4,5 trimetoxianfetamina
7. Nitritos
8. Fenciclidina
9. Clorhidrato de fenciclidina
10. Ketamina
11. Mescalina
12. Modafinilo
13. Oxicodona
14. Catha edulis

Algúns exemplos


MDMA: (metilendioximetanfetamina) ou EXTASIS ou ADAN, ou XTC, sintetizado en 1912, pola industria farmacéutica alemá, como supresor do apetito. É en 1985 cando comezan a difundirse informacións sobre esta sustancia, en revistas de gran difusión (Newsweek, Time, Life, etc.). Foi utilizada por especialistas de psiquiatría e psicoloxía como un coadyuvante da psicoterapia.
A gran maioría de comisos proveñen de Holanda, aínda que unha parte puido producirse en España ou no Reino Unido.
Preséntase en forma de tabletas ou cápsulas, existindo unha gran variedade de cores, formas e tamaños.
En numerosas ocasións, as cápsulas conteñen unha mestura de anfetaminas.

MDA: ( Metilendioxianfetamina) ou droga do amor, descuberta no ano 1910, por químicos alemáns, sen efectos terapéuticos coñecidos. Curiosamente con escasos efectos sobre o comportamento sexual. Xa en 1981 rexístrase un caso de morte asociada ao seu consumo.
Aparece en formas similares á éxtase e probablemente véndese como tal.


MDMEA: tamén coñecida como EVA.

METANFETAMINA ou SPEED:, descuberta, do mesmo xeito que a anfetamina a finais do século pasado.A súa forma cristalizada é a que se coñece co nome de ICE ou XEO. Esta forma de presentación adoita fumarse en pipas especiais, sendo os seus efectos tóxicos moi potentes.

DOM ou STP: (Serenidade, Tranquilidade, Paz), sintetizada en 1964. De efectos similares á mescalina. O seu consumo desencadea episodios alucinatorios de até 72 horas de evolución.Ten unha variedade denominada DOB, cuxa potencia é cen veces superior.

PMA: detectada como droga de abuso a principios de 1970, en Estados Unidos. A máis perigosa de todo o grupo.

As sustancias descritas son as máis habitualmente coñecidas. Como especificabamos anteriormente, a síntese destes produtos, de fácil produción, increméntase , case diariamente, polo que a dispoñibilidade dos mesmos , pódese considerar elevada. A maioría das atopadas comparten unha estrutura química parecida.


O MDA é sensiblemente máis tóxico que o MDMA, pois se asocia o seu consumo, con máis frecuencia cadros de transtornos da percepción: alucinacións ou ilusións.

A doses habituais, entre 50 e 100 miligramos, aumento da comunicación, da autoestima e maior facilidade para o contacto interpersoal.

Segundo sinalabamos este tipo de drogas non ten influencia sobre os aspectos físicos da relación sexual, senón mais ben producen disfuncións na mesma. Non son por tanto afrodisíacos.

Á beira dos efectos psicolóxicos descritos que son percibidos por algúns consumidores como positivos; predominan os efectos negativos que se expoñen na gráfica; e entre os que destacan, de maneira especial: taquicardia, ansiedade, tensión mandibular, hipertermia, naúseas, visión borrosa, maior sensibilidade á luz ou transtornos da percepción como ilusións ou alucinacións, insomnio etc., que poden persistir durante horas ou dias.

Nalgúns casos describíronse falecementos secundarios á intoxicación por drogas de deseño, en consumidores habituais, que até o momento toleráranas sen problemas

Os efectos máis graves inclúen unha maior frecuencia do corazón, edema pulmonar, hipertensión arterial, febre, hemorraxias internas e fallos renais. Existen estudos que indican que producen danos cerebrais.

O uso continuado deste tipo de sustancias favorece o desenvolvemento de tolerancia ( aumento das cantidades consumidas, para conseguir as mesmas sensacións).

Ademais, co seu consumo pódense agravar enfermidades existentes, fundamentalmente cardíacas ou respiratorias.

O fenómeno do consumo destas sustancias como describimos, non está exento de perigo. Xa en 1987, ano en que, segundo sinalamos, comísanse por primeira vez no noso país as primeiras cápsulas de éxtases, a Organización Mundial da Saúde preocupada pola escalada masiva de laboratorios clandestinos, considerou a necesidade de recomendar a todos os paises integrantes das Nacións Unidas, o fomento de medidas dirixidas fundamentalmente á vixilancia adecuada de produtos químicos precursores indispensables para a fabricación destas drogas, co obxecto de previr a aparición deste tipo de drogodependencia.



Que efectos producen no organismo?

Este tipo de substancias e concretamente a éxtase producen efectos estimulantes e de alteración da percepción (raramente alucinacións) similares aos da anfetamina e mescalina.

Cando se consomen a doses baixas producen unha sensación de euforia, un aumento da autoestima, aumenta a empatía e a capacidade de relacionarse cos demais. En xeral os efectos sucédense en tres fases, unha primeira de desorientación, unha segunda de euforia e unha terceira de esaxerada sociabilidad.

Entre os efectos de tipo anfetamínico destacan o aumento de enerxía, a euforia, locuacidade, diminución do soño, diminución do apetito.

En canto aos efectos de tipo alucinóxeno destaca o desenvolvemento dunha hipersensibilidad sensorial; prodúcense cambios na percepción subxectiva do tempo (parece que este se alarga) e ás veces prodúcense cambios na percepción visual (sen ser verdadeiras alucinacións), como son o aumento de sensibilidade á luz, visión borrosa ou alteración das cores. 

A frecuencia de consumo e a dose, condicionan os efectos como droga recreativa; tomar dobre dose non supón experimentar dobre de efectos positivos senón que xeralmente aumentan os efectos negativos.




Para máis información:

1. Drogas de deseño, breve resumo
2. Drogas de deseño e saúde
3. Drogas de deseño e psiquiatría
4. As Drogas e orixe (Goberno de Canarias)

Un saúdo.

No comments:

Post a Comment