Thursday, April 11, 2013

Empecemos o debate sobre narcotráfico



Estas semanas pasadas estiven a indagar de novo nas profundas redes que se establecen entre a droga, o sistema de asentamentos da Galicia e a investigación do noso blogue de Recursos Mariños ( Droga en Galicia ).
Saquei ducias de conclusións, pero para non atosigarvos a datos e a curiosidades, vouvos facer unha breve síntese que se faga amena e que posibilite o debate entre os lectores deste blogue. 
Se vos fixades na imaxe de arriba, o mapa de Galicia ensínanos ata 6 lugares diferentes, pois ben, a modo de resumo dicir que son os principais puntos de venda de droga en Galicia. As cidades de Vigo e A Coruña con diferentes puntos de venda, abren a porta a observar outros 4 puntos de relevancia. 
O Freixeiro, no concello de Narón, abastece de estupefacientes ao norte das provincias de A Coruña, Lugo, e mesmo Asturias.
Maside exercería de supermercado da droga das comarcas que rodean este pequeno concello de mais ou menos 3.000 habitantes da comarca de Ourense.
O Vao, no concello de Poio, moi pretiño da cidade do Lérez, é outro macrosupermercado da droga en Galicia, desta volta para a comarca de Pontevedra e arredores. 
Carballo atoparíase como outro punto de venda de droga bastante relevante dentro da xeografía galega. 
Resultoume curioso como se establecen vínculos e fluxos entre estas áreas de venda e o resto da xeografía. Para ir a moitos destes lugares digamos que hai unha especie de servizo de taxis ilegais, que son pilotados por toxicómanos, os cales cobran pouco para poder ir e consumir eles tamén.
Dicir que Freixeiro, O Vao, Maside ou os puntos de venda de droga de Carballo non son outra cousa que poboados marxinais e de chabolas, habitados en gran parte por poboación do contixente xitano; que en moitas ocasións se adican a este tipo de comercio ilegal.

Alén estes mercados da droga de gran relevancia, soupemos na nosa investigación, como antigos reclusos chegan a afirmar, que non hai lugar na nosa sociedade que coñeza tanto tráfico de drogas como poden ser os nosos cárceres. Polo visto na denominada coloquialmente como "Charpela" podes conseguir calquera droga que desexes.

Despois deste breve resumo da miña primeira parte sobre o debate do narcotráfico e relacionándoo coa entrada anterior de drogas de deseño, que che parecen estes supermercados da droga en Galicia? Porque se asocia marxinalidade case sempre con venda de droga? Porque na maioría dos casos sempre se asentan puntos de venda en poboados xitanos? É a comunidade xitana estigmatizada ao completo por este tipo de tráfico? Coñeces a alguén que transite por este tipo de asentamentos habitualmente? Que opinión vos reflexa  a relación cárcere - drogas?

Boa noite.


No comments:

Post a Comment